ASOCIACION BOSQUE SAGRADO DE LUGO


Artigo 1º.- Constitúese con sede en Begonte e coa denominación Asociación Bosque Sagrado de Lugo, e dacordo co establecido na Lei orgánica 1/2002, e 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.
A devandita Asociación rexerase polos presentes Estatutos e por toda a lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable, dentro do marco da Constitución e do resto do ordenamento xurídico.

Artigo 2º.- O domicilio fíxase en Polígono Industrial de Begonte nº 36-38, 27373 Lugo.

Artigo 3º.- A asociación exercerá as súas actividades no contorno do Bosque Sagrado de Lugo, nos concellos de Outeiro de Rei e Begonte, con centro en Donalbai, e a súa área directa de influencia (Terra Cha e Lugo capital)  con carácter aberto local, rexional, nacional e internacional segundo os obxectivos de cada acción.

Artigo 4º.- A duración da asociación será por tempo indefinido, e só se disolverá conforme a estes Estatutos, polas causas previstas nas leis ou por sentencia xudicial firme.

Artigo 5º.- A asociación  goza de plena personalidade xurídica, capacidade de obrar e de total autonomía para o cumprimento dos seus fins.

Artigo 6º.- A asociación carece de ánimo de lucro.

CAPÍTULO PRIMEIRO
FINS E ACCIONS

Artigo 7º.- Os fins desta asociación en termos xerais son:
A organización e execución de estratexias, accións e cantas medidas de apoio se estimen oportunas para promover un modelo economía sostible baseada nunha relación de equilibrio entre o home e o seu contorno, nun territorio con centro en Donalbai cun sólido patrimonio natural, material e inmaterial, que abrangue principalmente os concellos de Begonte e Outeiro de Rei, con influencia directa sobre os concellos de A Terra Cha e Lugo.

Artigo 8º.- Os fins concretos e actividades, derivados da súa estructura organizativa, son:
A organización e execución de actividades de investigación, conservación, divulgación, educativas e de promoción turística do patrimonio etnográfico, histórica, natural, cultural e intanxible do Bosque Sagrado de Lugo.


.

No hay comentarios:

Publicar un comentario